Tuesday 14 de May de 2024

O Concello organiza cursos de iniciación ao surf para público adulto e xuvenil


· Os catro talleres desenvolveranse ao longo dos meses de xuño e xullo na praia de San Antonio, en Espasante.

· As persoas interesadas poderán apuntarse a partir do luns 31 de maio chamando ao teléfono 981 42 20 26.

O Concello de Ortigueira organiza catro cursos de iniciación ao surf para os meses de xuño e xullo. Un deles estará dirixido a adultos e os outros tres a menores de idade de entre 10 e 17 anos.

A praia de San Antonio, en Espasante, acollerá os talleres deportivos. As clases dirixidas a persoas maiores de idade terán lugar as fins de semana do mes de xuño, do mesmo xeito que o primeiro curso dirixido aos mozos de entre 10 e 17 anos. Os outros dous cursos para menores destas idades serán un a semana do 28 de xuño ao 2 de xullo e outro a semana do 5 ao 9 de xullo. Os materiais necesarios para poder practicar surf serán achegados nas actividades, cuxos horarios aínda están por determinar.

Este é o quinto verán consecutivo no que a concellería de Deportes organiza estas actividades en colaboración con Ortegal Surf Escola. “Seguimos un ano máis apostando pola actividade física na natureza ou ao aire libre”, indicou o concelleiro de Deportes, Anxo Lozano.

Para poder participar nas clases será necesario estar empadroado ou empadroada no municipio e saber nadar. As persoas interesadas poderán obter máis información e inscribirse a partir do luns 31 de maio chamando ao número 981 42 20 26 en horario de 10:00 horas a 12:00 horas.

O período de inscrición para o curso de adultos e o primeiro de menores pechásese o 3 de xuño, para o segundo de menores o 24 de xuño e para o terceiro o 1 de xullo. As prazas son limitadas e os talleres contarán coas medidas necesarias #ante a covid-19.